CAMPAÑA “SEMANAS DAS CORES DE ASETEM”
BASES DA CAMPAÑA: “SEMANAS DAS CORES/ NOITE ABERTA”
- Entidade organizadora: ASETEM – CCA
- Participantes: poden participar todas as persoas maiores de 18 anos que merquen durante a tarde do venres 17 de xuño nos comercios asociados inscritos na campaña ‘As semanas das cores’.
- Duración e dinámica da actividade: esta iniciativa desenvolverase durante o día 17 de xuño nos comercios asociados a ASETEM que decidiron participar nesta iniciativa. Co tícket das compras desa tarde as persoas interesadas en participar no sorteo deberán acudir ao lugar no que se realice para que lle entreguen unha entrada numerada. Para poder optar aos premios que se sortean é imprescindible estar presencialmente no evento da celebración do sorteo que se celebrará ás 23:00 horas. Ademais, os vales de compra tanto os que se sortean durante a noite aberta do día 17 como os da semana anterior débense gastar antes do 26 de xuño.
- Período de participación para entrar no sorteo: entrarán no sorteo todas as persoas que cambien o seu tícket dos comercios participantes pola entrada numerada para o concerto.
- Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.