Convocatoria extraordinaria de subvencións para o programa de modernización do comercio: fondo tecnolóxico, no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europa – Next Generation EU da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm 248 de 30 de dicembro 2022)

Beneficiarias/os:

  1. Axudas destinadas a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais. As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
    • Que o establecemento comercial para o que se solicita a axuda teña carácter físico e permanente e estea localizado en Galicia. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña ou comerciantes minoristas fóra dun establecemento comercial permanente, deberán ter o domicilio fiscal en Galicia.
    • Que a actividade principal do negocio se corresponda con algunha das actividades incluídas nos CNAE 46 ou 47. Requirirase que a actividade principal estea dada de alta nalgún epígrafe do imposto de actividades económicas que se corresponda coas actividades incluídas nos CNAE 46 ou 47, agás os epígrafes 616, 654 y 655.
  2. Axudas destinadas a asociacións de comerciantes. As asociacións e federacións de comerciantes sen ánimo de lucro, legamente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos: 
    • Que teñan entre os seus fins estatuarios a defensa dos intereses do sector comercial.
    • Que teñan a sede social e o ámbito de actuación en Galicia.
    • Que teñan unha antigüidade mínima de tres anos dende o 30 de decembro de 2022.
    • No caso de asociacións de ámbito municipal, que teñan o número mínimo de comercios asociados dados de alta nalgún dos epígrafes establecidos na liña 1, en función da poboación do concello e que representen como mínimo o 40% do número de socios da asociación, que se indica a continuación:
      • Menos de 5.000 habitantes: mínimo de 10 comercios asociados
      • De 5.000 a 20.000 habitantes: mínimo de 20 comercios asociados
      • Máis de 20.000 habitantes: mínimo de 50 comercios asociados.
    • No caso de federacións, que teñan unha ámbito provincial ou autonómico e teñan asociadas un mínimo de 15 asociacións de comerciantes que cumpran, ademais, os requisitos establecidos no punto anterior.

Actuacións e gastos subvencionables:

  • Axudas destinadas a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais. Programa dirixido á transformación dixital do punto de venda e modelo de negocio, a través das seguintes actuacións:
    • Software de xestión de experiencia da clientela (aplicacións big data e análise de datos).
    • Etiquetado electrónico para lineais de venda.
    • Tecnoloxía de control de stocks e tecnoloxía RFID.
    • Xestor de colas automatizado.
    • Sistemas de click and collect e locker dixitais.
    • Probadores interactivos.
    • Software para a xestión loxística do e-commerce.
    • Solucións de ciberseguridade.
    • Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots).
    • Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce).
    • Terminais de autopago.
  • Programa visual merchandising dirixido á mellora da experincia de compra, a través das seguintes actuacións:
    • Escaparates virtuais con ou sen interación da clientela. Esta solución deberá incorporar o software de para a programación e emisión de contidos dixitais. 
    • Estanterías virtuais. Esta solución deberá incorporar el software de para a programación e emisión de contidos dixitais.
    • Pantallas e mesas interactivas. Esta solución deberá incorporar o software de para a programación e emisión de contidos dixitais.
    • Totems publicitarios. Esta solución deberá incorporar o software de para a programación e emisión de contidos dixitais.
    • Pizarras dixitais. Esta solución deberá incorporar o software de para a programación e emisión de contidos dixitais.
    • Aplicacions de realidade virtual e aumentada.
  • Programa Green Store dirixido á mellora da eficiencia enerxética e dos recursos, a través das seguintes actuacións:
    1. Portas automáticas con sensores de proximidade que redunden nunha mellora da eficiencia enerxética no ámbito térmico do local.
    2. Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces que mellores e optimicen o consumo de enerxía eléctrica.
    3. Sistemas de climatización do local enerxeticamente eficientes.