PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN E INCENTIVACIÓN DO CONSUMO NOS COMERCIOS RETALLISTAS, A TRAVÉS DOS BONOS ACTIVA COMERCIO 2023
DOG. 87, DO 08/05/2023

ACTIVIDADE SUBVENCIONABLE.
A compra de bens, a través dos bonos Activa Comercio, nos establecementos retallistas de Galicia, adheridos ao programa.

ADHESIÓN DOS COMERCIANTES RETALLISTAS
Poderán adherirse ao programa os comerciantes retallistas, sexan persoas empresarias autónomas ou PEMES, que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes de IAE do anexo I (que vai ao final do resume).
Prazo de adhesión, dende o 09/05/2023 ata o 01/09/2023.
Poderán adherirse ao programa na web www.bonosactivacomercio.gal indicando entre outros datos identificativos, nome comercial do establecemento, o código de IAE principal, IBAN da conta bancaria, correo electrónico e teléfono móbil, páxina web (no seu caso). O nome comercial dos establecementos adheridos faranse públicos na web www.bonosactivacomercio.gal
Os comerciantes adheridos recibirán, cunha periodicidade semanal, na conta bancaria, a cantidade equivalente aos bonos trocados no seu establecemento.
Os establecementos deberán anunciar no exterior do establecemento, nun lugar visible, a adhesión ao programa e deberán conservar os tíckets xustificativas da aplicación dos bonos durante 1 ano.
Asimesmo, deberán especificar por escrito, na zona de caixa, a política de devolución prevista nestas bases reguladoras: “En caso de devolución do ben ou bens comprados con aplicación do Bono Activa Comercio, o importe da compra poderá ser trocado por outra compra de prezo igual ou superior ou por un vale sen caducidade polo importe correspondente. En ningún caso se aboará ao consumidor diñeiro en efectivo ou na tarxeta de crédito.”

BENEFICIARIOS/AS
As persoas físicas maiores de idade, residentes en Galicia. Estas axudas terán a consideración de subvencións a fondo perdido non reintegrables, que se entenderán concedidas co troco dos bonos polos
usuarios. Cada persoa só poderá acceder a un único bono.

CONTÍA DOS BONOS
O bono terá unha contía de 30 € para as compras realizadas, exclusivamente de xeito presencial, nos comercios adheridos. O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra:
.- Desconto de 5 €, en compras superiores ou iguais a 20 € e inferiores a 30 €.
.- Desconto de 10 €, en compras superiores ou iguais a 30 € e inferiores a 50 €.
.- Desconto de 15 €, en compras iguais ou superiores a 50 €.
(Todas as contías enténdese con IVE incluído)
Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga na web www.bonosactivacomercio.gal dende o 15/05/2023 ata o 15/09/2023.
O programa bonos Activa comercio estará vixente ata o 31/12/2023.

SISTEMA DE FUNCIONAMENTO DOS BONOS
A descarga dos bonos por parte das persoas usuarias realizarase na web www.bonosactivacomercio.gal.
Os bonos terán formato dixital a través dun código QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha APP que permita realizar pagamentos (Wallet ou similar).
Para trocar os bonos, os comerciantes terán que descargar no seu móvil a APP bonos Activa Comercio.
No momento da venda, os comerciantes terán que introducir na APP o importe da compra e aparecerá automaticamente o importe a cobrar (aplicado o desconto que proceda). Pola súa banda, os usuarios deberán mostrar o código QR do seu bono e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra.

INFORMACIÓN FACILITADA POR: CC Xestión