Dende o Ministerio de Interior e a Policía Nacional lanzan unha alerta de estafas telefónicas dirixidas a empresas e comercios. O modus operandi consiste en que os estafadores contactan coa persoa encargada ou traballadora do comercio finxindo ser un provedor ou un repartidor dunha empresa loxística. Posteriormente, fanlle crer que ten pendente un pago por un servizo do que ten coñecemento o seu superior que, de non facerse efectivo, causará unha grave penalización ou seu negocio, polo que solicitan da persoa que faga fronte a dito pago mediante transferencia bancaria, con tarxetas de pago ou outros medios de envío de cartos.
O estafador presiona para actuar inmediatamente alegando unha falsa urxencia coa amenaza de causar unha perda como tardanza no envío, sobrecustos ou multas, creando na persoa traballadora un estado de nervios e confusión.
A vítima, que accede co fin de evitar gastos extra á empresa, segue as indicacións que lle dan para realizar o pago, chegando nalgúns casos a abonar a cuantía solicitada dende a súa conta persoal. Nos casos detectados, os teléfonos desde os que se establece conexión ten prefijo estranxeiro, ou ben corresponden a abonados dados de alta de forma fraudulenta.
Ante este tipo de estafa, dende a Policía Nacional, recomendan bloquear as chamadas e mensaxes de texto indesexados, ademais de non facilitar información persoal ou financieira en resposta a unha comunicación recibida sobre un pedido que se teña solicitado ou non. Neste caso, hai que poñerse en contacto co teléfono oficial da empresa de paquetería para confirmar se a comunicación é real ou se trata dunha estafa.
Neste sentido, ningunha empresa de paquetería vai presionar para actuar inmediatamente. Ademais, de non realizar métodos de pago que non sexan os habituais, aconséllase reflexionar e falar con alguén de confianza ou superior xerárquico ante a mínima sospeita.
No caso de decatarse se ser vítimas deste tipo de estafas é convinte poñer unha denuncia. Para facilitar a posterior investigación, recoméndase aportar a maior información posible sobre o ocurrido, polo que se aconsella non eliminar datos referentes á páxina web, plataforma onde se realizou o pago, ou sobre datos de contacto e conversacións mantidas con persoas vendedoras.