O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Comandancia da Garda Civil da Coruña, en colaboración con outras unidades da Comandancia, detén a un varón como presunto autor de 1 delito de incendio forestal.
Os feitos ocorreron a raíz do incendio ocorrido o pasado día 19 de agosto no lugar de Ponte Mazairas-San Pedro (Melide).
A Garda Civil iniciou unha investigación para esclarecer as causas do mesmo e a identificación do autor ou autores no caso.
Tras a análise exhaustiva da información recabada, os gardas civís actuantes lograron a identificación do presunto autor do ilícito, unha vez coñecida a identidade, a Garda Civil procedeu á detención dese varón como presunto autor dun incendio forestal.
O detido, xunto coas actuacións realizadas foi posta a disposición do Xulgado de Instrucción de garda de Arzúa.
Os incendios forestais non só destrúen a flora e a fauna, senón que tamén poñen en risco a seguridade das persoas e as súas propiedades.
Por iso, fainse un chamamento á cidadanía para que colabore na protección dos nosos montes. A prevención e a colaboración son esenciais para evitar estes delitos.
Se observa calquera actividade sospeitosa ou ten información sobre un incendio, contacte coa Garda Civil a través do teléfono 062 ou calquera outra canle de denuncia.