A Consellería de Traballo, Comercio e Emigración outorga 19.000 € en premios para promover o comercio galego como referente de calidade e excelencia.

Cada persoa ou entidade interesada pode optar a unha ou máis das seguintes categorías:

Premio Comercio Galego. ​​Premio Comercio Traxectoria (a actividade comercial debe ter unha antigüidade mínima de trinta anos). Premio Comercio Emprende (a actividade comercial debe ter entre dous e catro anos). Premio Comercio Dinamización. Premio Comercio Sostible.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Unha memoria explicativa de todos os aspectos que fundamentan cada candidatura.
  • A documentación acreditativa dos méritos alegados que se consideren relevantes para a valoración da/das candidatura/s.
  • No caso dos/das comerciantes, fotografías do comercio onde desenvolven a actividade comercial.
  • No caso das asociacións e federacións, a acta e os estatutos de constitución e modificacións posteriores, se é o caso, e a acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente.

As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. O prazo para a presentación será do 27/08/2025 ao 26/09/2025.