A Consellería pon a disposición das persoas traballadoras ou demandantes de emprego para acreditar con carácter oficial as competencias profesionais que as capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral.
Os requisitos para acceder de acordo cos seguintes niveis son:
Nivel 1: Non esixe requisitos académicos nin profesionais, aínda que deben posuír as habilidades de comunicación lingüística suficientes que permitan a aprendizaxe.
Nivel 2: Débese cumprir algún dos seguintes requisitos:
- Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
- Certificado de profesionalidade de nivel 2.
- Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia.
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
- Ter superado as competencias clave.
Operacións básicas de cociña.
Certificado profesional: Nivel 1
Duración: 428h – 23/01/2026 – 12/05/2026
Presencial: 08:45 – 14:45
Centro: Xunta de Galicia
Competencias:
- Executar operacións básicas de aprovisionamento, preelaboración e conservación culinarios.
- Asistir na elaboración culinaria e realizar e presentar preparacións sinxelas.
Operacións básicas de pastelería.
Certificado profesional: Nivel 1
Duración: 488h – 10/10/2025 – 10/02/2026
Presencial: 08:45 – 14:45
Centro: Xunta de Galicia
Competencias:
- Executar operacions básicas de aprovisionamento interno e conservación de preelaboracións e elaboracións de pastelaría.
- Preelaborar, elaborar e presentar elaboracions sinxelas de pastelaría e asistir en elaboracions complexas.
Operacións básicas de restaurante e bar.
Certificado profesional: Nivel 1
Duración: 368h – 08/04/2026 – 02/07/2026
Presencial: 08:45 – 14:45
Centro: Xunta de Galicia
Competencias:
- Asistir no servizo de alimentos e bebidas.
- Executar operacións básicas de aprovisionamento, e preparar e presentar bebidas sinxelas e comidas rápidas.
Cociña
Certificado profesional: Nivel 2
Duración: 888h – 17/10/2025 – 27/05/2026
Presencial: 08:30 – 14:30
Centro: Xunta de Galicia
Competencias:
- Actuar baixo normas de seguridade,hixiene e protección ambiental en hostelería.
- Definir ofertas gastronómicas sinxelas, realizar o aprovisionamento e controlar consumos.
- Preelaborar e conservar toda clase de alimentos.
- Preparar elaboracións básicas de múltiples aplicacións e platos elementais.
- Preparar e presentar os platos máis significativos das cociñas rexionais de España e cociña internacional.
Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos.
Certificado profesional: Nivel 1
Duración: 518h – 13/10/2025 – 23/03/2026
Presencial: 15:00 – 20:00
Centro: Unión de cooperativas «asociación galega de cooperativas»
Competencias:
- Realizar operacións auxiliares de reprodución e arquivo en soporte convencional ou informático.
- Introducir datos e textos en terminais informáticos en condicións de seguridade, calidade e eficiencia.
- Realizar operacións básicas de tratamento de datos e textos e confección de documentación.
Actividades de xestión administrativa.
Certificado profesional: Nivel 2
Duración: 958h – 13/10/2025 – 24/07/2026
Presencial: 09:00 – 14:00
Centro: Unión de cooperativas «asociación galega de cooperativas»
Competencias:
- Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.
- Introducir datos e textos en terminais informáticos en condicións de seguridade, calidade e eficiencia.
- Realizar as xestións administrativas do proceso comercial.
- Xestionar o arquivo en soporte convencional e informático.
- Realizar as xestións administrativas de tesourería.
- Efectuar as actividades de apoio administrativo de recursos humanos.
- Realizar rexistros contables.
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
Certificado profesional: Nivel 2
Duración: 528h – 07/11/2025 – 16/04/2026
Presencial: 09:00 – 14:00
Centro: Xunta de Galicia
Competencias:
- Preparar e apoiar as intervencións de atención ás personas e o seu ámbito no eido institucional indicadas polo equipo interdisciplinal.
- Desenvolver intervencións de atención física dirixidas a personas dependentes no eido institucional.
- Desenvolver intervencións de atención socio-sanitaria dirixidas a personas dependentes no eido institucional.
- Desenvolver intervencións de atención psicosocial dirixidas a personas dependentes no eido institucional.