A Xunta propón incentivos para evitar o peche dos negocios por falta de remuda xeracional. O prazo permanece aberto ata o día 30/09/2025.
As persoas beneficiarias son:
Traballadores autónomos, persoas profesionais dadas de alta no RETA, persoas mutualistas e sociedades de calquera clase, incluídas as unipersonais e comunidades de bens, con domicilio fiscal ou centro de traballo en Galicia na data da solicitude, que asuman a transmisión dun negocio por xubilación, falecemento ou incapacidade da persoa titular, sempre que supoña a continuación da actividade.
Intensidade da axuda:
- 75% do prezo do contrato sen IVE.
- Mas 5% acumulable a: muller, menor de 30 anos, 52 anos ou máis, parada de longa duración, negocio con máis de 5 persoas traballadoras.
- Mas 10% non acumulable a: persoa emigrante retornada, persoa estranxeira, xa empadroada na localidade do negocio.
- Ademais de 6.000€ para a persoa que transmite.
Contía máxima subvencionable: 30.000€ por remuda de negocio ou 10.000€ por remuda dunha licenza.
Principais requisitos dos negocios de remuda:
- Que a remuda estea motivada pola proximidade da idade de xubilación (62 ou máis anos), por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou por falecemento da persoa titular.
- Debe ter o seu domicilio social e fiscal e o centro de traballo en Galicia e un mínimo de 5 anos de antigüidade.
- Non ter transcorrido máis de 12 meses entre a publicación desta axuda e a baixa no RETA (ou réxime correspondente) e no IAE da persoa que traspasa o negocio.
- Que se trate da mesma actividade que o negocio que se remuda e se desenvolva no mesmo local.
- Que o negocio estea inscrito na Bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, salvo aqueles negocios que foran xa obxecto de remuda antes da publicación desta axuda.
- Que a transmisión se formalice mediante contrato de traspaso ou de venda de negocio ou actividade elevado a escritura pública no que conste como obxecto a remuda, indicando prezo total e detalle de elementos incluídos no traspaso.
- No caso de transmisión de persoas autónomas societarias, estas deben posuír, con anterioridade á publicación da Orde, máis do 50 % do porcentaxe de accións ou participacións da sociedade, e a porcentaxe adquirida debe ser superior ao 50 %.
- Que se realice o cambio de titularidade de actividade no concello correspondente, ou de ser o caso, a comunicación previa do inicio de actividade ou da apertura de establecemento.
- As persoas que remudan o negocio non poden estar en ningunha situación de xubilación activa cando se produza a remuda.