Persoas beneficiarias: poderan ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
O obxecto é a convocatoria da segunda edición de 2025 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidad Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.
As bases reguladoras son as aprobadas pola Orde de 30 de abril de 2025. Poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250603/AnuncioG0767-200525-0003_gl.html
Importe:
- Para a concesión destas axudas destinaranse 2.500.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 14.06.751A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
- O orzamento poderase incrementar en función da evolución do programa bonos Activa comercio, co obxecto de aumentar o número de persoas beneficiarias e de acordo coa dispoñibilidade de crédito cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.
Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 5 de novembro de 2025, ás 9:00h, ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas acade os 2.500.000 euros.





