Aberto o prazo para presentar as candidaturas dos Premios Comercio Galego 2026. O obxectivo desta iniciativa é recoñecer a labor dos/das profesionais do sector comercial e contribuír a súa difusión como palanca para o desenvolvemento económico e social das nosas vilas e cidades.
Os premios Comercio Galego contan cos seguintes categorías:
- Premio Comercio Galego 2026. Recoñecerase ao establecemento comercial que exemplifique que os valores do sector comercial de proximidade mediante a implantación dun modelo de negocio moderno, competitivo e adaptado aos novos retos. Contía de 5.000 euros.
- Premio Comercio Traxectoria 2026. Recoñecerase ao comercio cunha longa e consolidada traxectoria comercial que pola súa permanencia e continuidade cree un vínculo de especial arraigo coa súa vila. Contía de 3.000 euros.
- Premio Comercio Emprende 2026. Recoñecerase ao establecemento comercial novo que ofreza á clientela unha experiencia de compra diferenciada. Contía de 3.000 euros.
- Premio Comercio Dinamización 2026. Recoñecerase a implementación do mellor proxecto ou iniciativa de dinamización comercial nos últimos 3 anos (2024 – 2026) co obxectivo de incrementar as vendas e potenciais clientes/as. Contía de 5.000 euros.
- Premio Comercio Sostible 2026. Recoñecerase ao mellor proxecto ou iniciativa de promoción do consumo sostible e responsable. Contía de 3.000 euros.
O prazo de solicitudes pecharase o 15 de xuño.





