A Deputación da Coruña abre o prazo para a 7ª edición dos Premios de Emprego Local (PEL).
Estes galardóns pretenden fomentar a imaxe positiva das iniciativas e realzar o seu papel como xeradores da riqueza, emprego e benestar, contribuíndo á súa sustentabilidade, fomentando a cultura
emprendedora e potenciando o rural.
Contarase cun orzamento total de 75.000 euros, que se dividirán da seguinte maneira:
20.000 euros á candidatura gañadora decada unha das 3 categorías: a 1ª categoría leva por nome «iniciativa emprendedora», empresas que iniciaran a súa actividade profesional nas anualidades 2023, 2024 e 2025, a 2ª modalidade é «traxectoria empresarial», que comezaron a súa actividade durante o 2022 ou con anterioridade e a última categoría é «proxección e innovación sostible», neste caso sen postulación de candidaturas previa.
A maiores o xurado poderá conceder ata 3 accésits de 5.000 euros cada un a proxectos que, sen conseguir o galardón principal, mostren méritos destacados.
O prazo remata este vindeiro, 16 de maio de 2025.