O Bono Concilia Familia é unha axuda directa que contribúe a financiar servizos de conciliación contratados polas familias durante as vacacións escolares ou ante necesidades puntuais. Cobre a contratación dunha persoa coidadora a domicilio, campamentos, ludotecas ou outros servizos para cubrir necesidades puntuais de conciliación.
Os requisitos para solicitalo son residir en Galicia, ter un fillo/a de entre 4 e 13 anos (nados entre o 1/1/2012 e o 31/12/2021), que ambos proxenitores traballen no período solicitado (ou un no caso das familias monoparentais).
Cobre os supostos por períodos de vacacións escolares, enfermidade do pequeno/a e imposibilidade de ser coidado polos membros da unidade familiar, enfermidade da persoa coidadora habitual, situacións puntuais de carácter laboral ou de formación e situacións puntuais de coidado a familiares de ata 2º grao de parentesco.
A axuda cobre ata o 75% do servizo; pero amplíase ata o 100% para as familias de especial consideración. En todos os casos aplican estas contías máximas:
- 500 euros por unidade familiar para contratar uns coidados a domicilio.
- 200 euros por cada fillo/a no caso de asistencia a campamentos ou servizos de conciliación colectivos autorizados.
CONVOCATORIA ABERTA: Do 8 de setembro ao 8 de outubro de 2025
https://www.pan.gal/es/bono-concilia-familia