ACTIVIDADE: “CARTAS AOS REIS MAGOS”
BASES DA CAMPAÑA
1. Entidade organizadora: ASETEM – CCA
2. Participantes: todas as nenas e nenos que leven a súa carta a algúns dos buzóns personalizados que están situados nos establecementos participantes na campaña “Este Nadal toca en Melide”.
3. Duración e dinámica da actividade: todas as nenas e nenos que leven a súa carta de regalos dos Reis Magos a algún dos establecementos participantes na campaña “Este Nadal toca en Melide”, entre os días 29 de decembro de 2025 e o 5 de xaneiro de 2026, entrarán no sorteo dun agasallo infantil. O modelo de cartas pode atopar en diversas tendas do municipio, foron proporcionadas polo Concello de Melide. Nas cartas deben incluír un número de teléfono de contacto (dunha persoa adulta) para poder contactar no caso de ser premiados ou premiadas. O sorteo celebrarase o 8 de xaneiro e será emitido a través das redes sociais.
4. Período de participación para entrar no sorteo: entrarán no sorteo todas as cartas que se metan nos buzóns das tendas participantes da campaña “Este Nadal toca en Melide”.
5. Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.





