A Xunta de Galicia abre o venres o prazo, ata o 16 de febreiro, para solicitar as axudas de innovación e sostibilidade do comercio local e artesanal. Esta subvención é de concorrencia non competitiva ata o esgotamento de crédito.
Estas subvención van destinadas a comerciantes minoristas e talleres artesáns que desenvolvan a súa actividade en Galicia, teñan a consideración de peme ou sexa autónomas, que estean dados de alta nos epígrafes indicados nas bases, contar cun establecementos de superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300m2. Ademais, no caso dos artesáns deben estar inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
As accións subvencionables divídense en 3 liñas: dixitalización e innovación comercial e modernización comercial. Dentro da primeira entran: implantación ou mantemento de páxina web con ou sen venda; hardware, impresora de tíckets, caixón portamoedas, lector de código de barras, impresora de código de barras/etiquetas e báscula dixital; software de xestión adaptado á actividade comercial desenvolta; ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS); xestor de redes sociais e imaxe dixital; etiquetado electrónico para lineais de venda; sistemas de click and collect; solucións de ciberseguridade; asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos; aplicacións para dispositivos móbiles; e pantallas e escaparates virtuais.
Na segunda liña inclúense: obras de acondicionamento e melloras do establecemento, sistemas de climatización, actuacións na fachada e equipamentos propios da actividade.
Na última liña están: caixas de cartón, papel vexetal, bolsas de papel, recheos para embalaxe e bolsas de tea ou algodón (todo 100% reciclado).