BENEFICIARIOS E REQUISITOS:
Autónomos, mutualistas, as pequenas e medianas empresas e as sociedades cooperativas e laborais, que se constitúan e iniciaran a actividade desde o 01/01/2024, e que realizasen investimentos (facturados e pagados) dende o 01/07/2025 ata a data de solicitude da subvención, nos seguintes conceptos subvencionables:
.- Equipamento informático (excepto móbiles e smartphones).
.- Activos intanxibles (páxinas web, subscripcións de software, creación de programas informáticos, patentes, marcas…)
.- Investimentos en eficiencia enerxética.
.- Bens de equipo e mobiliario.
.- Reforma de locais de negocio (reparacións simples que non modifiquen a estrutura constructiva do inmoble) e rótulos. Exclúese o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma.
.- Activos (inmobilizado) pertencentes a un establecemento ou bens de equipo de segunda man (adquiridos a terceiros non relacionado co comprador, a prezo de mercado -taxación- e que non fosen subvencionados con anterioridade).
.- Gastos notariais e rexistrais, cun máximo de 300 € de subvención por beneficiario.
.- Gastos de aluguer, cun máximo de 1.500 € de subvención por beneficiario.
CONTÍA:
.- Para investimentos entre 5.000 e 20.000 €, a contía será do 55%.
.- Para investimentos entre 20.001 e 30.000 €, a contía será do 50%.
.- Para investimentos entre 30.001 e 60.000 €, a contía será do 45%
No suposto de remuda xeracional, a porcentaxe de subvención incrementarase nun 10%.
PRAZO DE SOLITICITUDE: Ata o 02/03/2026, salvo esgotamento de crédito previo.





