Beneficiarias

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.

Para as liñas II e III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.

As entidades sen ánimo de lucro poderán presentar solicitude para a liña I, para a subliña 1 e a subliña 2 da liña II e para a liña III.

No caso da liña I, as empresas deberán contar como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49.

Para a liña II, se a solicitude é para as subliñas 1 e 3, as empresas deberán contar cun mínimo dunha persoa traballadora, e se a solicitude é para a subliña 2, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.

Para a liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras, para o ano 2026, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e incentivos a pemes, incluídas persoas traballadoras autónomas, para implantar sistemas de xestión de RSE (TR357B), a igualdade laboral (TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Bases reguladoras

Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260218/AnuncioG0767-301225-0010_gl.html

Importe

Para a concesión destas axudas destínase un millón catrocentos mil euros (1.400.000 €), de acordo coa seguinte distribución:

Liña I. Elaboración e implantación de plans de igualdade: douscentos mil euros (200.000 €).

Liña II. Conciliación: un millón cen mil euros (1.100.000 €).

Subliña 1. Incentivos para o fomento do teletraballo: cento cincuenta mil euros (150.000 €).

Subliña 2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria: setecentos cincuenta mil euros (750.000 €).

Subliña 3. Investimentos: douscentos mil euros (200.000 €).

Liña III. Certificacións RSE: cen mil euros (100.000 €).

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o xoves 20 de febreiro de 2026.