- Entidade organizadora: ASETEM – CCA
- Participantes: poden participar todas persoas maiores de 18 anos que merquen, entre o 20 de abril e o 3 de maio, nos comercios e establecementos asociados.
- Duración e dinámica da actividade: do 20 de abril ao 3 de maio as persoas que compren, cun importe mínimo de 15 euros (pode ser coa suma de varios tíckets), nas tendas asociadas poderán subir o seu tícket á App de Asetem para entrar no sorteo “dunha semana de compras”, valorada en 200 euros. Nesta semana de compras a persoa afortunada terá un vale de 200 euros divido en 4 de 50 para gastar en diferentes sectores (moda e complementos; alimentación, bebidas e hostalería; servizos; e outros sectores).
Ademais, para premiar a fidelidade da clientela dos comercios de proximidade e facer esta iniciativa máis visible, durante a mañá do 3 de maio os establecementos asociados repartiran unha pequena planta de agasallo. Para complementar esta liña de acción durante o sábado 2 de maio haberá un photocall na Praza do Convento para que as persoas poidan sacar alí fotos co lema da campaña, entre as fotos que se suban ás redes sociais neste photocall sortearase un vale de compra de 30 euros, para gastar nos establecementos asociados. Ademais, todas as imaxes que se suban terán premio directo. Nas fotos que se suban ás redes sociais (Instagram, Facebook ou X) deben etiquetar e seguir a Asetem e usar o #otradicionalémercaraquí.
4. Período de participación para entrar no sorteo: entrarán no sorteo todas os tíckets, de 15 euros ou máis, que se suban á App de Asetem entre o 20 de abril e o 3 de maio de 2026.
5. Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.





