CAMPAÑA “Día do Comercio”

BASES DA CAMPAÑA: “Día do Comercio”

  1. Entidade organizadora: Asetem
  2. Participantes: Todas as persoas maiores de idade que compren no día 12 de xuño no comercio local asociado de Melide.
  3. Duración e dinámica da actividade: Primeiro de todo as tendas participantes contarán con distintos descontos nos produtos e servizos que ofrecen durante ese día. A dinámica será que con tíckets superiores a 50 euros (como máximo faranse tiradas por tíckets de valor de 150€, é dicir 3 tiradas por vale) contarase con premio seguro nunha tirada á ruleta que estará composta por distintos premios, esta realizarase á noite (arredor das 21:45h) e ata fin de existencias.

A isto hai que engadirlle a actividade complementaria de Escape Room na que as persoas que descubran o patrimonio que está presente en todos os colaxes dos comercios entrarán nun sorteo dun lote de produtos Asetem e uns doces. As papeletas coa resposta deben depositarse na Cafetería – Pastelería Estilo antes das 21:30h deste venres, 12 de xuño.

  1. Premios: Os premios da ruleta serán artigos promocionais de Asetem e artigos outorgados polas tendas participantes, ata fin de existencias.
  2. Sorteo: Realizaranse as tiradas a ruleta o propio día 12 de xuño (arredor das 21:45h), dependendo do gajo no que a persoa participante caia deberá coller unha papeleta dunha urna para coñecer o premio exacto. Todos os premios teñen unidades limitadas.
  3. Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.