CONCURSO “VOLTA AO COLE”
BASES DO CONCURSO: “VOLTA AO COLE”
- Entidade organizadora: ASETEM – CCA
- Participantes: participan todos as nenas e nenos que envíen un debuxo relacionado co comercio local de Melide e a volta ao cole durante o período do 10 ao 23 de agosto polas canles indicadas no seguinte apartado. As idades dos rapaces e rapazas deben ir dos 3 aos 16 anos.
- Duración e dinámica da actividade: esta iniciativa desenvolverase entre os días 10 e 23 de agosto nos que as nenas e nenos interesados deben enviar un debuxo relacionado cos establecementos de proximidade e o regreso aos centros educativos. A liberdade creativa é total e absoluta, se houbese algún texto debe estar en galego. Os debuxos deben vir acompañados de nome e apelidos do autor ou autora e do número de teléfono da titora ou titor do menor. Os debuxos deben enviarse ao correo da Asociación: info@asetem.com, ao whatsapp do número 698 13 23 24 ou entregalo de xeito presencial nas oficinas de Asetem (en horario de mañá, de 9:00 a 14:00h ou metelo na caixa de correo da porta). Este concurso terá 3 modalidades repartidas por idade: unha de 3 a 6 anos, outra de 7 a 11 e, a última, de 12 a 16 anos. En cada categoría escolleranse o mellor cartel. O xurado estará formado por unha persoa da Asociación e dúas responsables dalgún comercio local. As persoas premiadas recibirán un lote de produtos para a volta ao cole.
- Período de participación: entre o 10 e o 23 de agosto de 2026.
- Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.





