O comercio local da Terra de Melide prepárase para celebrar o Samaín cunha nova iniciativa de dinamización impulsada por Asetem baixo o lema «O Samaín no comercio local». A campaña combinará o reparto de lambetadas para os máis pequenos nos establecementos asociados, sorteo de vales de compra e unha proposta participativa nas redes sociais para animar as familias asociadas ás ANPA O Forte (do Nº1) e Martagona.

A actividade desenvolverase os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro, na tarde do venres 30, os nenos e nenas  poderán acudir disfrazados aos comercios adheridos a Asetem para recibir lambetadas. Os establecementos participantes estarán identificados con globos negros, facilitando así que a clientela poida recoñecelos.

A campaña tamén busca incentivar as compras nos establecementos asociados durante esta fin de semana, polo que as persoas que compren nos establecementos asociados poderán participar no sorte de 4 vales de 50 euros. Para entrar no sorteo será preciso subir unha foto do tícket á App de Asetem. A maiores, as persoas socias das ANPAs poderán subir ás redes sociais unha foto con temática do Samaín, etiquetar a Asetem e entrar nun sorteo de 150 euros.

Os sorteos realizaranse o martes 3 de novembro.