Curso gratuíto en Asetem: “O teu negocio na internet”’, ‘Se pensas que internet é o futuro, formas parte do pasado.
Por que é necesario que as empresas estean nas redes sociais? Que utilidades teñen? Cales son as máis coñecidas? Como podemos empregar internet para darlle maior difusión aos nosos negocios?
Preguntas coma esta atoparán resposta no obradoiro gratuíto sobre a presenza de empresas en internet que se celebrará nas instalacións de Asetem-Cca os vindeiros días 11 e 12 de xullo. Impartido por Jorge Lama, o taller está dirixido principalmente a empresarios/as e autónomos da vila, pero nel poderá participar tamén calquera persoa interesada en coñecer como funciona hoxe en día internet para as empresas e como sacarlle partido ás novas tecnoloxías dende o punto de vista comercial.
O taller terá unha duración de tres horas e impartirase ao longo de dúas xornadas en horario de 21:00 a 22:30 horas. As persoas interesadas en participar poderán anotarse ata o mesmo día de inicio do curso nas oficinas de Asetem, situadas na rúa Lino Sexto Sánchez, ou chamando ao número de teléfono 981 50 61 88.