As esixencias en materia de hixiene son cada vez maiores para os establecementos comerciais, especialmente para aqueles que, como cafeterías, panaderías ou restaurantes, teñen como actividade básica a manipulación de alimentos.

O control de pragas, da potabilidade da auga, a hixiene de superficies ou o correcto funcionamento dos circuítos de auga quente son aspectos que a maioría de negocios deben de vixiar ao máximo para evitar sancións e ofrecer as máximas garantías de calidade de cara ao cliente.

Na súa preocupación por facilitar ao máximo o cumprimento da normativa, Asetem vén de asinar un convenio de colaboración coa empresa viguesa Plagostel, a través do cal os socios da patronal se poderán beneficiar de importantes descontos na contratación de numerosos servizos relacionados coa  hixiene alimentaria.

Plagostel ofrece un desconto mínimo do 20% do prezo de mercado ou do último importe contratado. Non obstante, dependendo dos servizos, nalgúns casos a rebaixa nos prezos pode chegar ao 50%. Moitos deles inclúen un período de garantía, asistencia sen custo en caso de emerxencia ou asesoramento gratuíto.

Os negocios interesados poden obter máis información acudindo ás oficinas da patronal ou poñéndose en contacto con Plagostel e indicando que  son socios de Asetem.

 

SERVIZOS CON DESCONTOS

 

  • CONTROL DE PRAGAS: ratos, insectos e desinfeccións.

– Entrega da documentación sanitaria acreditativa.

– En caso de urxencia, asistencia nun prazo inferior a 48 horas sen ningún custo.

 

  • SERVIZO DE CONTROL ANALÍTICO

– Análise microbiolóxico de comidas preparadas e pastelería, control de hixiene de superficies, control de análise de lexionela, control de potabilidade de auga e augas de piscinas.

– Inclúe asesoramento, interpretación de resultados e recollida gratuíta nas instalacións.

 

  • SISTEMAS APPCC

– Elaboración e implantación de sistemas de Análises de Perigos e Puntos de Control Críticos (APPCC), requisito obrigatorio para todos os locais onde se elaboren e manipulen      alimentos destinados ao consumo polo público xeral.

– Inclúe unha garantía do traballo realizado ata a primeira inspección sanitaria.

 

  • CONTEDORES HIXIÉNICOS FEMININOS

– Recollida, reposición e desinfección mensual.

– Achega de contedores,  propiedade de Plagostel.

 

  • DESINFECCIÓN DE LEXIONELA

– Auga quente sanitaria: desinfección térmica anual e desinfección química semestral de bañeiras, spas e hidromasaxe