Un ano máis, e por segunda vez consecutiva, a Asociación de Empresarios Terra de Melide – Centro Comercial Aberto organiza a campaña “Volta ao cole”. A dinámica será a seguinte: todos os tíckets dos locais asociados por valor igual ou superior a 10 euros, dende o 1 ao 27 de setembro, darán acceso a unha gran festa infantil que se celebrará o venres 27 de setembro. A festa terá lugar en horario de 17.00 a 20.00 horas no parque Rosalía de Castro e, en caso de non acompañar as condicións meteorolóxicas trasladarase ao Palacio de Congresos e Exposicións. Os tíckets, que poderán ser de calquera artigo, trocaranse o propio día da festa por pulseiras identificativas que permitirán así a entrada e participación nas diferentes actividades da mesma.