O xoves 17 de outubro o local da Asociación de Empresarios Terra de Melide acollerá unha xornada de sensibilización en prevención de riscos laborais. Será a partir das 20.30 horas e analizaranse os riscos laborais máis comúns asociados ás novas tecnoloxías e fomento de hábitos saudables no comercio de proximidade.

Para participar na xornada, que está aberta a todos os traballadores do comercio e comerciantes en xeral, sexan socios de Asetem ou non, é recomendable inscribirse chamando por teléfono (981 50 61 88), ou tamén a través de enderezo electrónico (info@asetem.com), ata o mesmo día da xornada.

O sector do comercio, e máis concretamente o do comercio de proximidade en Galicia, ten unha serie de peculiaridades que fan especialmente importante a realización de actividades de sensibilización entre traballadores e empresarios. Por iso, con esta xornada preténdese sensibilizar en materia preventiva a empresarios e a traballadores, reforzando as medidas xa establecidas pola Lei, aportando información relevante sobre riscos específicos do sector -Ergonómicos e Psicosociais-, asociados a utilización das novas tecnoloxías (NNTT) e fomentando a interiorización de certos hábitos saudables.