O Concello de Melide recibiu, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, unha subvención de 5.702,20 euros para a promoción do uso da lingua galega dende as entidades municipais.
Ao abeiro destas axudas, os Concellos poderán sufragar os gastos derivados da creación, do reforzamento e do mantemento de unidades técnicas especializadas en lingua galega, así como da programación de actividades coas que dinamizar o idioma dende o tecido local. Os ámbitos estratéxicos de actuación que se priorizan son: o deporte, a mocidade, as TIC, o eido económico empresarial, os servizos sociais e a perspectiva de xénero e igualdade.
En total foron 85 os Concellos de toda Galicia que se viron beneficiados desta liña de subvencións.