CAMPAÑA “Somos Familia”

BASES DA CAMPAÑA

  1. Entidade organizadora: ASETEM – CCA
  2. Participantes: poden participar todas as persoas, maiores de 18 anos, que compren nos establecementos asociados a ASETEM dende o 22 de abril ata o 5 de maio (ambos inclusive).
  3. Duración e dinámica da actividade: para este ano a asociación decidiu realizar unha campaña de dinamización do comercio local co gallo do Día Nai dun xeito diferente. A sociedade avanza e as familias cada vez son máis variadas e diversas por iso, nesta convocatoria faremos unha actividade máis inclusiva que recolla todo tipo de familias. Para animar as compras durante estes días, ASETEM vai realizar un sorteo de 2 vales de 50 euros para gastar nun establecemento de proximidade asociado. Para entrar no sorteo será necesario que a clientela saque unha fotografía do seu tícket ou factura dun comercio local que sexa socio, dentro do período fixado (do 22 de abril ao 5 de maio) á NOVA APP DE ASETEM (xa dispoñible en IOS e Android). O 6 de maio comunicarase o gañador ou gañadora nas redes sociais de ASETEM – CCA.
  1. Período de participación para entrar no sorteo: entrarán no sorteo todas as persoas que suban unha foto do tícket ou factura á APP de ASETEM entre o 22 de abril e o 5 de maio.
  2. Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.