No marco da operación COPIDO, o Equipo ROCA da Garda Civil en Santiago desarticularon un grupo criminal dedicado ao cultuvo e destribución de cannabis en Melide.
A investigación, iniciada en 2023 tras recibir información sobre unha posible plantación de marihuana nunha finca invernada, culminou o pasado 30 de xullo coa intervención nunha propiedade que albergaba un invernadoiro de 3000m2.
Tras meses de minucionsa investigación e vixilancia, os axentes da Garda Civil centraron a súa atención nunha finca que inclúia unha vivenda unifamiliar, un cobertizo anexo e un invernadoiro dividido en catro módulos. A finca, situada nunha zona de pouco tránsito, foi identificada como o epicentro dunha operación de cultivo e distribución a gran escala de cannabis.
Coa autorización xudicial pertinente, o equipo ROCA realizou a entrada e rexistro da finca. No interior do invernadoiro, os axentes descubriron máis de 2000 plantas de marihuana na fase de recolección, cun peso bruto de 2080 kg. Ademais, nunha nave anexa de 300m2, localizáronse dúas salas habilitadas para cultivos indoor e unha sala de secado, onde se atoparon 24kg de cogollos listos para a distribución e 12 kg de cannabis destinados á elaboración de hachís.
A sofisticación da operación quedou evidenciadapolos dispositivos de iluminación, calefacción, rego e ventilación instalados nos invernadoiros. Os elevados beneficios obtidos do cultivo de marihuana impulsaron aos traficantes a alquilar a propiedade por 1000 euros mensuais, un prezo significativamente superior ao promedio da zona.
A investigación relevou que o principal responsable do cultivo, un varón veciño de Vila de Cruces, alquilou a finca hai, aproximadamente, dous anos. Durante este período, os residentes na propiedade, plenamente conscientes das actividades ilícitas accedían regularmente ás áreas de cultivo.
Cinco persoas foron detidas baixo os cargos de cultivo ou elaboración de drogas, tráfico de drogas e pertenencia a grupo criminal. Os detidos, xunto coa droga e os equipos incautados, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de Arzúa, que decretou o ingreso provisional para o principal responsable.
Esta incautación representa o maior alixo do ano en Galicia, destacando a magnitude da operación do grupo criminal.
A Garda Civil mantén aberta a operación, non descartándose novas detencións en relación con este caso.