Melide acolleu o luns 8 de xaneiro a celebración da gala de Nadal que en colaboración co Concello de Melide organiza a Asociación de Empresarios Terra de Melide.
Este ano a novidade foi o aumento na contía de premios xa que se repartiron en total 6.200 euros no comercio local.
Realizado o sorteo na Casa da Cultura aínda faltan por atopar os sete afortunados, así que se realizaron algunha compra nos seguintes establecementos comproben as súas rifas porque foi neles onde recaeu a sorte: Floristería Tarrío, Librería Cousas, Xoiería Roval, Supermercados Gómez, Cafetería Stop e Xoiería Silvela. Os números de reserva recaeron, a maiores, en Tu Boutik, Ferretería Noguerl, Calzados Broz, Deportes López e Alain Afflelou Óptico.
Pola súa parte, se as contías das rifas aínda buscan dono, o premio sorteado entre o público apareceu xa á primeira volta. Este, dotado con 200 euros, foi para o veciño de Melide Juan Carlos Fernández Sánchez que recibiu o cheque de mans do presidente de Asetem, Manuel Vázquez, e da alcaldesa de Melide, Dalia García.
A gala, á que asistiron centos de persoas, estivo conducida polo presentador Pepe Capelán e contou coa actuación do grupo Fillos do estramonio, que conseguiron encher a Casa da Cultura de ritmo, cor e gargalladas.
Como anécdota destacar que, un ano máis, Librería Cousas manténse como o comercio que máis premios reparte, de novo dous premios, consolidándose así como asiduo das quinielas ganadoras.
Nesta edición da Campaña de Nadal, a décimo oitava, repartíronse un total de 64.400 rifas, unha cantidade un pouco menor que a do ano pasado, cando se repartiron en total 65.000 rifas, e participaron finalmente 88 establecementos.
Dende a directiva de Asetem manifestaron o seu compromiso de seguir traballando para que a tendencia positiva se manteña, tratando de consolidar campañas comerciais coma estas.
Unha vez remate o prazo para presentar os boletos premiados nas oficinas de Asetem (o 30 de xaneiro ás 13.00 horas), os agraciados serán convocados a un acto no que recibirán o galardón de mans dos titulares dos establecementos que lles deron as rifas.
NÚMEROS PREMIADOS SORTEO “ESTE NADAL TOCA EN MELIDE 2018”
1º Premio: 2.000 euros Nº 33.412
(Floristería Tarrio) |
Reserva: Nº 04.967
(Xoiería Roval) |
2º Premio: 1.000 euros Nº 03.451
(Librería Cousas) |
Reserva: Nº 28.260
(Tu BoutiK) |
3º Premio: 1.000 euros Nº 47.041
(Librería Cousas) |
Reserva: Nº 20.702
(Ferretería Noguerol) |
4º Premio: 500 euros Nº 05.319
(Xoiería Roval) |
Reserva: Nº 44.818
(Calzados Broz ) |
5º Premio : 500 euros Nº 41.221
(Supermercado Gómez) |
Reserva: Nº 18.128
(Deportes López ) |
6º Premio: 500 euros Nº 12.891
(Cafetería Stop) |
Reserva : Nº 01.676
(Alain Afflelou Óptico) |
7º Premio: 500 euros Nº 08.020
(Xoiería Silvela) |
Reserva: Nº 58.383
(Calzados Broz ) |
Premio Adicional 200€ (nº129) | Juan Carlos Fernández Sánchez (Melide) |